Sábado 20 Abril 2024

Mimas: unha lúa pequena cun gran cráter

Mimas: unha lúa pequena cun gran cráter
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, ISS, JPL, ESA, NASA; Procesado dixital: Supportstorm.

Explicación: o que fose que bateu en Mimas case o destrúe. O que fica é un dos meirandes cráteres de impacto sobre unha das lúas máis pequerrechas de Saturno. O cráter, denominado Herschel polo descubridor de Mimas en 1789, Sir William Herschel, abarca uns 130 quilómetros e aparece fotografado arriba. A baixa masa de Mimas produce unha gravidade supercial xusto abonda para crear un corpo esférico pero feble de máis para permitir eses rasgos superficiais relativamente grandes. Mimas está formada maioritariamente de xeo de auga cun pouco de rocha; por iso descrébese con precisión coma unha grande bola de neve sucia. A imaxe superior tirouse durante o sobrevoo de agosto de 2005 pola nave espacial automática Cassini, agora en órbita ao redor de Saturno. Unha análise recente do estraño abalo de Mimas indica que podería albergar un océano interior de auga líquida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente