Martes 16 Abril 2024

Meteoros das oriónidas desde Orión

Créditos da imaxe e copyright: Lu Shupei
Créditos da imaxe e copyright: Lu Shupei

Explicación: os meteoros estiveron a seren disparados desde a constelación de Orión. Isto agardábase, xa que outubro é o momento do ano para a chuvia de meteoros das oriónidas. Na fotografía superior, máis ou menos unha ducia de meteoros foron captados en exposicións engadidas sucesivamente do fin de semana pasado sobre o volcán Wulan Hada na Mongolia InteriorChina. A imaxe publicada amosa múltiples raias meteóricas que se poden conectar todas cunha única rexión pequena do ceo denominada o radiante, que aquí se pode ver xusto por riba e á esquerda do cinto de Orión. Os meteoros das oriónidas comezaron coma anacos do tamaño de areas expulsados desde o cometa Halley durante unha das súas excursións ao Sistema Solarinterior. O cometa Halley é realmente o responsable de dúas chuvias de meteoros coñecidas, a outra denominada como as eta acuáridas e visibles cada maio. O próximo mes, a chuvia de meteoros das leónidas procedentes do cometa Tempel-Tuttle tamén deberían resultar nalgunhas brillantes raias meteóricas.

Proxecto: Ceos Galegos 2018 – calendario astronómico

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Esta é a desconcertarte orixe das Xemínidas, a maior chuvia de meteoros do ano

A descomposición térmica do asteroide Faetón está detrás deste espectacular fenómeno, que se poderá observar entre o 13 e o 14 de decembro