Venres 29 Marzo 2024

Mercurio sobre as praias do Sol

Créditos da imaxe e copyright: Howard Brown-Greaves
Créditos da imaxe e copyright: Howard Brown-Greaves

Explicación: o 9 de maio, o diminuto disco de Mercurio pasou unhas sete horas e media cruzando por diante do Sol tal e como se ollou desde a veciñanza da Terra. Foi o segundo dos 14 tránsitos do planeta máis interno do Sistema Solar no século XXI. Captado desde Fulham (Londres, Inglaterra, planeta Terra), a pequena silueta comparte o enorme disco solar con prominencias, filamentos e rexións activas nesta imaxe definida. Pero o disco redondo de Mercurio (á esquerda do centro) semella ser a única mancha escura, comparada coas manchas solares de tamaño planetario esparexidas polo Sol. A imaxe, feita cun filtro H-alfa que transmite estreitamente a luz vermella procedente dos átomos de hidróxeno, enfatiza a cromosfera, que se espalla por riba da fotosfera ou a normalmente visible superficie solar. Nas imaxes H-alfa da cromosfera, as rexións de manchas solares normalmente escuras están dominadas por manchas brillantes denominadas praias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón