Créditos da imaxe e copyright: Stephen Mudge

Créditos da imaxe e copyright: Stephen Mudge

Mencer no afelio

O 3 de xullo o planeta Terra chegou ao afelio, o punto máis afastado da súa órbita elíptica ao redor do Sol

Créditos da imaxe e copyright: Stephen Mudge

Créditos da imaxe e copyright: Stephen Mudge

Explicación: o 3 de xullo o planeta Terra chegou ao afelio, o punto máis afastado da súa órbita elíptica ao redor do Sol. Cada ano, este día co Sol no máis distante ocorre durante o inverno do hemisferio sur. Aí é onde se captou este mencer no afelio de 2015 nunha serie temporal composta contra o perfil urbano de Brisbane, Australia. Por suposto, as estacións para o noso fermoso planeta non están determinadas pola distancia ao Sol, senón pola inclinación do eixo rotacional da Terra con respecto á eclíptica, o plano da súa órbita. Coñecido con agarimo como a oblicuidade da eclíptica, o ángulo da inclinación é duns 23,4 graos desde a perpendicular co plano orbital. Así que o mencer máis afastado ocorre durante o verán setentrional, cando o polo norte do planeta está inclinado cara o Sol e o norte goza dos días máis longos e cálidos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.