Venres 29 Marzo 2024

Mencer lunar do amorodo ó mel

Créditos da imaxe copyright: Trevor Mahlmann
Créditos da imaxe copyright: Trevor Mahlmann

Explicación: preto do horizonte a Lúa chgea semella a miúdo ameazantemente grande, inchada en aparencia pola famosa ilusión luar. Pero as imaxes en vídeo secuencia demostran que o tamaño aparente da Lúa realmente non muda mentres gabea cara o cenit. Aínda que a súa cor si que o fai. Esta imaxe, que rexistra un fotograma cada 10 segundos, amosa o espectacular que pode ser o cambio de cor. A composición segue unha Lúa chea dun solsticio rubindo sobre un horizonte agreste ao noroeste de Indiana. Unha diminuída liña de visión ao través da densa e poeirenta atmosfera do planeta Terra modificou o luar da cor vermella amorodo a un ton amarelado pálido pasando polo mel. Ese troco semella axeitado para unha Lúa chea de xuño setentrional coñecida tamén coma a Lúa de Amorodo ou Lúa de Mel.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites