Xoves 28 Marzo 2024

A MAVEN en Marte

Sonda Maven
Créditos da imaxe: MAVEN, Laboratory for Atmospheric and Space Physics, Univ. Colorado, NASA.

Explicación: a sonda espacial MAVEN (Mars Atmosphere and Volatile EvolutioN), lanzada o 18 de novembro de 2013, completou a súa viaxe interplanetaria o 21 de setembro, capturada nunha ampla órbita elíptica ao redor de Marte. O espectrógrafo de imaxes ultravioletas da MAVEN xa comezou a súa planificada exploración da atmosfera superior de Marte, adquirindo os datos desta imaxe desde unha altitude de 36.500 quilómetros. En cores falsas, as tres bandas de lonxitudes de onda do ultravioleta amosan a luz reflectida polos átomos de hidróxeno (en azul), o osíxeno atómico (en verde) e a superficie do planeta (en vermello). O hidróxeno atómico de baixa masa óllase nunha extensión de milleiros de quilómetros no espazo, coa nube dos máis masivos átomos de osíxeno manténdose máis achegados pola gravidade de Marte. Ámbolos dous son produtos da rotura da auga mailo dióxido de carbono da atmosfera de Marte, puidendo empregarse os datos da MAVEN para determinar a taxa de perda de auga no tempo. De feito, a MAVEN é a primeira misión adicada a explorar a tenue atmosfera superior de Marte, a ionosfera e as interaccións co Sol e o vento solar. Pero a adición máis recente aos voos das sondas espaciais procedentes do planeta Terra agora en órbita marciana é a MOM.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa