Xoves 28 Marzo 2024

Marte e Saturno retrógrados

 Créditos da imaxe e copyright: Tunç Tezel (TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Tunç Tezel (TWAN)

Explicación: Marte errante e Saturno pasaron gran parte deste ano moi preto no ceo nocturno do planeta Terra. Unha secuencia de exposicións que abarca desde mediados de decembro ata o comezos desta semana, esta vista celeste composta segue o seu tempo xuntos, incluíndo a oposición achegada de ámbolos dous, xusto ao norte da brillante estrela Antares preto do vulto central da Vía Láctea. No vídeo correspondente, o movemento aparente de Saturno óllase indo e vindo ao longo dun bucle compacto e estreito, mentres que Marte segue un camiño con forma de S inversa máis amplo desde a parte superior dereita deica a inferior esquerda do cadro. Para conectar os puntos coas datas só tes que esvarar o teu cursor sobre a imaxe (ou segue esta ligazón). Olla ese camiño, pero nin Marte nin Saturno se dan a volta realmente nas súas órbitas. En vez diso, a súa aparente volta ou movemento retrógrado con respecto ás estrelas do fondo é un reflexo do movemento orbital da propia Terra. O movemento retrógrado pode ollarse cada vez que a Terra sobrepasa e dobra aos planetas que orbitan máis lonxe do Sol, coa Terra movéndose máis rapidamente pola súa propia órbita relativamente máis achegada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón