Sábado 20 Abril 2024

Mar Tirreno e ceo de solsticio

Mar Tirreo e ceo de solsticio
Créditos da imaxe e copyright: Danilo Pivato.

Explicación: hoxe o solsticio ocorrerá ás 23:03 Hora Universal, é dicir, o Sol chega ao súa declinación máis meridional do ceo do planeta Terra. Por suposto, o solsticio de decembro marca o comezo do inverno no hemisferio setentrional e do verán no sur. Cando miramos desde latitudes norte, e tal e como se amosa na imaxe superior comprimida horizontalmente, o Sol marcará o seu arco máis baixo polo ceo ao longo do horizonte meridional. Por tanto, no norte o día do solsticio ten a duración máis corta de tempo entre o mencer e o solpor e o menor número de horas de luz solar. Esta impactante imaxe composta segue o camiño do Sol ao través do día do solsticio de decembro de 2005 no fermoso ceo azul, coa costa do mar Tirreno na parte inferior desde Santa Severa ollando cara Fiumicino, Italia. A visión cobre uns 115 graos en 43 exposicións separadas e ben planificadas, desde o mencer deica o solpor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

A NASA detecta un enorme burato no Sol

O Observatorio de Dinámica Solar capta un vídeo do fenómeno e prognostica unha tormenta xeomagnética nos vindeiros días