Venres 19 Abril 2024

As Pléiades: o Setestrelo

Créditos da imaxe e copyright: Hermann von Eiff
Créditos da imaxe e copyright: Hermann von Eiff

Explicación: algunha vez miraches o cúmulo estelar das Pléiades? Incluso se a resposta é positiva, probablemente nunca as ollaches con tanto po como desta volta. O que é quizais o cúmulo estelar máis famoso do ceo, as estrelas brillantes das Pléiades poden ollarse con prismáticos incluso desde o interior dunha cidade contaminada luminosamente. Aínda que cunha exposición longa desde un lugar escuro, a nube de po que arrodea co cúmulo de estrelas Pléiades xa se fai moi evidente. A imaxe publicada realizouse cunha exposición de longa duración e cobre unha zona do ceo equivalente a moitas veces o tamaño dunha lúa chea. As Pléiades, tamén coñecidas coma as Sete Irmáns e M45, están a uns 400 anos luz de distancia cara a constelación do Touro (Taurus). Unha lenda común cun toque moderno conta que unha das estrelas brillantes esmoreceu cando o cúmulo recibiu o seu nome, deixando só seis estrelas visibles co ollo espido. Porén, o número real de estrelas das Pléiades visibles pode ser maior ou menor ca sete, dependendo da escuridade do ceo e da capacidade de visión do observador.

N.T.: seica hai debate de se a denominación Setestrelo do galego se refire ao Carro Maior ou ás Pléiades. Nós, polo momento, decantámonos pola primeira opción, precisamente polo que se conta neste texto.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150