Sábado 20 Abril 2024

M31 contra M33

Créditos da imaxe e copyright: Malcolm Park (North York Astronomical Association).
Créditos da imaxe e copyright: Malcolm Park (North York Astronomical Association).

Explicación: as galaxias espirais M31, á esquerda, e M33, afastadas por uns 14 graos (28 Lúas cheas) no ceo do planeta Terra, son ámbalas dúas membros do Grupo Local, xunto coa nosa propia galaxia Vía Láctea. Esta composición de multi-cámara de ángulo amplo e estreito atopa detalles na estrutura espiral en ambas, mentres as masivas galaxias da veciñanza parecen estar equilibradas nos campos estelares a cada lado da brillante Mirach, a estrela beta da constelación Andrómeda. Mirach está a xusto de 200 anos luz do Sol. Pero M31, a galaxia Andrómeda, realmente está a 2,5 millóns de anos luz de distancia e M33, a galaxia do Triángulo, tamén está a uns 3 millóns de anos. Aínda que semellan afastadas, M31 e M33 están engrenadas nunha loita gravitatoria. De feito, os radioastrónomos atoparon indicacións dunha ponte de gas hidróxeno neutro que podería conectar ás dúas, evidencia dun encontro achegado no pasado. As simulacións gravitatorias, baseadas nas medidas, predín actualmente que a Vía Láctea, M31, e M33 sufrirán mutuos encontros e potencialmente fusións, nun futuro de milleiros de millóns de anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

As novas fotografías do James Webb amosan unha galaxia anana con maior precisión

O telescopio espacial da Nasa consegue capturar con detalle unha galaxia enana solitaria, a Wolf Lundmark Melotte

O telescopio James Webb revela unha nova imaxe de Xúpiter

O observatorio máis potente da historia inclúe no seu informe de posta en marcha unha serie de fotografías do planeta

Descuberta a galaxia máis grande xamais detectada

Alcyoneus é unha radiogalaxia situada a 3.000 millóns de anos luz de distancia e mide 16,3 millóns de anos luz de largo