Créditos da imaxe e copyright: Datos; Subaru, NAOJ, Ensamblaxe e procesado; Roberto Colombari

Créditos da imaxe e copyright: Datos; Subaru, NAOJ, Ensamblaxe e procesado; Roberto Colombari

M27: un non cometa

Unha nebulosa de emisión que Charle Messier calificou como un 'non cometa'

Créditos da imaxe e copyright: Datos; Subaru, NAOJ, Ensamblaxe e procesado; Roberto Colombari

Créditos da imaxe e copyright: Datos; Subaru, NAOJ, Ensamblaxe e procesado; Roberto Colombari

Explicación: mentres andaba á caza de cometas nos ceos da Francia do século XVIII, o astrónomo Charles Messier conservou dilixentemente unha listaxe de cousas que se atopaba que con seguridade non eran cometas. Esta é a número 27 da súa lista de non cometas, agora famosa. De feito, os astrónomos do século XXI identificaríana coma unha nebulosa planetaria; pero tampouco é un planeta, aínda que poida semellar redondeada e parecida a un planeta cun telescopio pequeno. Messier 27 (M27) é un exemplo excelente dunha nebulosa gasosa de emisión creada cando unha estrela de tipo solar esgota o seu combustible nuclear do interior. A nebulosa fórmase cando as capas máis externas da estrela son expulsada ao espazo, cun brillo visible producido polos átomos excitados pola intensa pero invisible luz ultravioleta da estrela moribunda. A nube fermosamente simétrica de gas interestelar, coñecida polo nome popular de nebulosa Dumbbell, ten uns 2,5 anos luz de diámetro e está a uns 1 200 anos luz de distancia na constelación Vulpecula. Esta espectacular imaxe en cor incorpora observacións en banda ampla e estreita rexistradas polo telescoio Subaru telescope de 8,2 metros.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.