Xoves 28 Marzo 2024

M106: unha galaxia espiral cun centro estraño

Galaxia espiral M106
Créditos da imaxe: NASA, ESO , NAOJ, Giovanni Paglioli. Ensamblaxe e procesado: R. Colombari e R. Gendler.

Explicación: que lle está a acontecer ao centro da galaxia espiral M106? A aparencia de M106, un disco xiratorio de estrelas e gas, está dominada por brazos espirais azuis e corredores vermellos de po preto do núcleo, como amosa a imaxe publicada. O núcleo de M106 brilla con intensidade en ondas de radio e raios X nos que se atoparon chorros xemelgos percorrendo a lonxitude da galaxia. Un estraño brillo central fai de M106 un dos exemplos máis achegados das galaxias de clase Seyfert, nas que se pensa que enormes cantidades de gas brillante están a caer nun burato negro central masivo. M106, tamén denominada coma NGC 4258, está a uns relativamente achegados 23,5 millóns de anos luz de distancia, abarca 60 milleiros de anos luz de diámetro e pode ollarse cun telesopio pequeno cara a constelación dos Cans de Caza (Canes Venatici).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente