Xoves 25 Abril 2024

M100: un gran deseño de galaxia espiral

Galaxia espiral M100
Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, NASA, ESA. Procesado e licenza: Judy Schmidt.

Explicación: M100, maxestuosa nunha auténtica escala cósmica, é coñecida axeitadamente coma unha galaxia espiral de gran deseño. Trátase dunha gran galaxia cuns 100 mil millóns de estrelas con brazos espirais ben definidos que se parece a nosa propia galaxia Vía LácteaM100 (alias NGC 4321), un dos membros máis brillantes do Cúmulo Virgo de galaxias, está a 56 millóns de anos luz de distancia cara a constelación da Cabeleira de Berenice (Coma Berenices). Esta imaxe do Telescopio Espacial Hubble de M100 fíxose en 2006 e desvela brillantes cúmulos de estrelas azuis e sinuosos corredores de po que son distintivos desta clase de galaxias. Os estudos de estrelas variables de M100 xogaron un importante papel para determinar o tamaño e idade do Universo. Se sabes onde mirar exactamente, podes atopar unha pequena mancha que é un eco de luz procedente dunha supernova brillante que se rexistrou uns poucos meses antes de que se tirase a imaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente