Nebulosa do Cangrexo

M1: a nebulosa do Cangrexo

Nebulosa do Cangrexo

Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh.

Explicación: a Nebulosa do Cangrexo está catalogada coma M1, o primeiro obxecto da famosa listaxe do século XVIII de Charles Messier de cousas que non son cometas. De feito, sábese agora que o Cangrexo é un remanente de supernova, refugallos procedentes da explosión mortal dunha estrela masiva, presenciada por astrónomos no ano 1054. Esta imaxe definida, de telescopios terrestres, emprega datos de banda estreita para rastrexar a emisión dos átomos ionizados de osíxeno e hidróxeno (en azul e vermello) e explorar os filamentos ensarillados na nube aínda en expansión. O púlsar do Cangrexo, unha estrela de neutróns que xira 30 veces por segundo e un dos obxectos máis exóticos coñecido polos astrónomos actuais, é visible coma unha mancha brillante preto do centro da nebulosa. A modo de dinamo cósmica, este remanente colapsado do núcleo estelar alimenta a emisión do Cangrexo ao través do espectro electromagnético. A Nebulosa do Cangrexo, que abarca uns 12 anos luz, está a tan só 6.500 anos luz de distancia na constelación Taurus.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.