Créditos da imaxe e copyright: Gill Fry

Créditos da imaxe e copyright: Gill Fry

Luces do ceo do aninovo

Créditos da imaxe e copyright: Gill Fry

Créditos da imaxe e copyright: Gill Fry

Explicación: unha moderada tormenta xeomagnética, desencadeada polo impacto dunha exección de masa coronal na víspora do aninovo, trouxo onte unha celebración con luces no ceo nas latitudes elevadas do planeta Terra. Nesta paisaxe nocturna de aninovo, as escintilantes cortinas avermelladas da aurora austral ao longo dun horizonte sur son captadas sobre Morgiana, Victoria Sudoccidental (Australia). Naturalmente, hai na escena xoias máis permanente dos ceos do hemisferio sur. A Vía Láctea meridional, Alfa e Beta Centauri e as estrelas brillantes da Cruz do Sur están á esquerda. En silueta, as gallas dunha gran árbore en primeiro plano estrícanse ao través das galaxias satélite da Vía Láctea, as nubes de Magallanes Grande e Pequena. A estrela brillante enmarcada preto da parte superior das polas da árbora á dereita é Achernar, a estrela alfa da constelación Eridanus e coñecida ás veces coma o final sur do río.

Unha resposta a “Luces do ceo do aninovo”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.