Xoves 28 Marzo 2024

Lúas e Xúpiter

Créditos da imaxe e copyright: Phillip A Cruden
Créditos da imaxe e copyright: Phillip A Cruden

Explicación: algunhas das lúas máis grandes do Sistema Solar aparecían xuntas o 23 de febreiro. Nesa noite, unha parella crepuscular da Lúa e Xúpiter en cuarto minguante foi capturada nesta definido campo de vista telescópico. A composición de exposicións curtas e longas desvela a faciana familiar do gran satélite natural do noso fermoso planeta, xunto cunha aliñación das catro lúas galineanas do dominante xigante gasoso. De esquerda á dereita, as pequenas alfinetadas de luz son Calixto, Ío, Ganímedes [Xúpiter] e Europa. O noso propio satélite natural, máis preto e brillante, semella ameazar co seu tamaño. Pero realmente Calixto, Ío e Ganímedes son máis grandes que a Lúa da Terra, mentres que o mundo acuático de Europa é só lixeiramente máis pequeno. De feito, dos seis satélites planetarios máis grandes do Sistema Solar só a lúa Titán de Saturno se perde a escena.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Atopados os vestixios máis antigos da presenza humana en Europa nunha zona de Ucraína

As ferramentas paleolíticas achadas no xacemento de Korolevo quedaron enterradas hai 1,42 millóns de anos

Un proxecto europeo busca reducir a captura accidental de especies protexidas no Atlántico

Investigadoras do IEO liderarán un dos casos de estudo dirixido a mitigar a captura de quenllas e tiburóns nas pesqueiras de atún

África González, ante a reaparición do sarampelo: “As familias deben vacinar os seus fillos”

España rexistra os seus primeiros casos trala pandemia e dende o 1 de xaneiro suma xa 15 contaxios