Venres 19 Abril 2024

Lúas e aneis de Saturno

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute

Explicación: cando andes de viaxe ao redor de Saturno, fica alerta para ollar superposicións pintorescas de lúas, aneis e sombras. Unha disposición bastante pintoresca ocorreu en 2005 e foi captada pola sonda espacial Cassini, daquela orbitando Saturno. Na imaxe publicada, poden verse as lúas Tetis e Mimas a cada beira dos finos aneis de Saturno, que están case de canto. Cruzando a parte superior de Saturno hai sombras escuras dos amplos aneis, amosando a súa impresionante complexidade. A imaxe en luz ultravioleta outorga a textura do fondo: as nubes de Saturno. A Cassini orbitou Saturno desde 2004 ata setembro do ano pasado, cando a nave automática foi dirixida a mergullarse en Saturno para evitar calquera contaminación das lúas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón