Lúa vermella nos ceos meridionais

Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Las Campanas Observatory).

Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Las Campanas Observatory).

Explicación: esta espectacular panorámica dos ceos ceos meridionais foi gravada na colorida noite de 27 ao 28 de setembro desde o Observatorio Carnegie Las Campanas. Un brillo difuso e gretas escuras da Vía Láctea central penduran sobre as cúpulas dos telescopios Magallanes de 6,5 metros. Pero o máis atractivo é o brillo vermello escuro da Lúa. A superficie da Lúa, inmersa na sombra da Terra durante a tan anunciada eclipse lunar total do perixeo, reflicte a luz dos solpores e menceres esparexada e refractada na umbra con forma de cono da Terra. Xunto coa espectacular cor da Lúa eclipsada, hai outras cores desa noite captadas pola sensible cámara dixital que inclúen as sombras vermella e verde da luminescencia atmosférica. Os observadores tamén poden descubrir a galaxia Andrómeda por baixo da Lúa, ollándose coma unha mancha tenue ao través da luminescencia avermellada e as luces do horizonte. As Nubes de Magallanes, galaxias satélite da Vía Láctea, únense no extremo esquerdo do recadro panorémico completo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.