Créditos da imaxe e copyright: Alain Paillou

Créditos da imaxe e copyright: Alain Paillou

A Lúa, chea de cores

Unha imaxe do fascinante Mar dos Vapores e o amplo arco dos montes Apeninos lunares

Créditos da imaxe e copyright: Alain Paillou

Créditos da imaxe e copyright: Alain Paillou

Explicación:  normalmenta a Lúa pode verse con sombras tenues de gris. Pero as pequenas diferencias medibles da cor foron esaxeradas moito neste mosaico de imaxes de alta resolución para facer unha paisaxe lunar de cores, da parte central, captada preto da fase de Lúa chea. Recoñécese que as cores diferentes correspóndense con diferenzas reais na composición química da superficie lunar. As cores azuis desvelan zonas ricas en titanio mentres que as cores máis laranxas e purpúreas amosan rexións relativamente pobres en titanio e ferro. O fascinante Mar dos Vapores, ou Mare Vaporum, está por baixo do centro do recadro co amplo arco dos montes Apeninos lunares (Apennine Mountains) por riba. O solo escuro do cráter Archimedes de 83 quilómetros de diámetro dentro do Mar das Choivas, ou Mare Imbrium, ocupa a parte esquerda de enriba. Preto do oco da parte superior do arco dos Apeninos está o lugar de aterraxe da Apollo 15. Calibradas coas mostras de rocha que trouxeron as misións Apollo, empregáronse imaxes semellantes en cores desde naves espaciais para explorar a composición global da superficie da Lúa.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.