Créditos da imaxe e copyright: Chris Kotsiopoulos (GreekSky)

Créditos da imaxe e copyright: Chris Kotsiopoulos (GreekSky)

A Lúa na abadía de Drácula

Créditos da imaxe e copyright: Chris Kotsiopoulos (GreekSky)

Créditos da imaxe e copyright: Chris Kotsiopoulos (GreekSky)

Explicación: a Lúa dos Cazadores de outubro brilla preto do horizonte, poñéndose máis alá dos arcos da Abadía Whitby nesta desacougante escena nocturna. O luar alumea parcialmente os muros e chans en ruínas da abadía benedictina nun cantíl que mira desde o alto ao Mar do Norte desde a costa inglesa de Yorkshire. Os amadores da novela Drácula de Bram Stoker de 1897 recoñecerán esta abadía maila cidade de Whitby como a localización das costas de Inglaterra nas que naufragou o conde de Transilvania. Alí, o vampiro máis famoso da ficción transformouse nun gran can, choutou á terra e rubiu polo cantíl deica a abadía en ruínas. A impresionante vista de ollo de peixe, unha panorámica de 360 graos, foi creada a partires de 23 fotos unidas dixitalmente.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.