Créditos da imaxe: NASA, ESA e The Hubble Heritage Team

Créditos da imaxe: NASA, ESA e The Hubble Heritage Team

LL Ori e a nebulosa de Orión

A estrela variable LL Orionis, vagando na gardería estelar de Orión, produce un vento máis potente có vento do noso propio Sol

Créditos da imaxe: NASA, ESA e The Hubble Heritage Team

Créditos da imaxe: NASA, ESA e The Hubble Heritage Team

Explicación: as estrelas poden crear ondas no mar de gas e po da nebulosa de Orión. Este estético primeiro plano de nubes cósmicas e ventos estelares amosa a LL Orionis interaccionando co fluxo nebulosa de Orión. A estrela variable LL Orionis, vagando na gardería estelar de Orión e aínda nos seus anos de formación, produce un vento máis potente  có vento do noso propio Sol, de mediana idade. Mentres o rápido vento estelar corre polo gas de movemento lento, fórmase unha fronte de onda de choque, análoga a onda de choque dun bote movéndose pola auga ou un avión viaxando a velocidade supersónica. A estrutura pequena, delicada e con forma de arco xusto por riba e á esquerda do centro é a onda de choque cósmico de LL Ori, que mide máis ou menos medio ano luz de diámetro. O gas máis lento flúe desde o cúmulo central de estrelas quentes da nebulosa de Orión, o Trapecio, localizadas por fóra da esquina superior esquerda da imaxe. En tres dimensións, a envoltura da onda de choque de LL Ori ten unha forma semellante a unha cunca que parece máis brillante cando se mira ao longo do bordo inferior. A fermosa imaxe forma parte dun mosaico grande do complexo da gardería estelar de Orión, cheo dun milleiro de formas fluídasasociadas coa formación estelar.

Vigo, 22 de febreiro, 19:00 horas, na Biblioteca Pública Juan Compañel, charla sobre as mellores imaxes do APOD do último ano.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.