Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Las Campanas Observatory, TWAN)

Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Las Campanas Observatory, TWAN)

As líridas nos ceos meridionais

Unha vista nocturna do observatorio Las Campanas, no deserto de Atacama

Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Las Campanas Observatory, TWAN)

Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Las Campanas Observatory, TWAN)

Explicación: a chuvia anual das líridas na Terra chegou ao máximo antes do mencer do 22 de abril, mentres o noso fermoso planeta atravesava o po da cola do cometa Thatcher, de periodo longo. Vistos desde o alto, escuro e enxoito deserto de Atacama , un crecente lunar e un brillante Venus xúntanse coas raias dos meteoros das líridas nesta imaxe composta. A corrente meteórica, captada durante 5 horas na noite do 21 ao 22 de abril, procede do radiante da chuvia, un punto non moi afastado do ceo de Vega, a estrela alfa da constelación Lira. O efecto de radiante débese á perspectiva xa que os camiños parelelos dos meteoros semellan converxer na distancia. No primeiro plano están as cúpulas do Observatorio Las Campanas que albergan (de esquerda a dereita) o telescopio du Pont de 2,5 metros e o telescopio Optical Gravitational Lensing Experiment (OGLE ou Experimento Óptico de Lente Gravitacional) de 1,3 metros.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.