Liña do horizonte con Lúa-Venus-Marte

Liña do horizonte con Lúa-Venus-Marte

Liña do horizonte con Lúa-Venus-Marte

Créditos da imaxe e copyright: Jay Ouellet.

Explicación: tiradas o 20 de febreiro, empregáronse cinco exposicións diferentes feitas en sucesión rápida para crear esta imaxe abraiante con teleobxectivo. Combinadas, desvelan un amplo rango de brillos visible a simple vista nese serán fríxido, desde o fulgor urbano da liña do horizonte da cidade de Quebec coa conxunción tripla da Lúa, Venus e Marte. Axiña, tralo solpor, a Lúa moza fachendeaba co seu brillo crecente preto do brillante Venus. Un Marte máis tenue está preto do alto do recadro. Aínda que os detalles do crecente da Lúa alumeado polo Sol están destinxidos, os riscos da parte escura e en sombra do disco lunar están ben claros. Aínda que faltaran as luces da cidade, a noite lunar é alumeada só polo brillo da Terra, luz reflectida da cara alumeada polo Sol do planeta Terra.

N.T.: decidín traducir a palabra “skyline” por “liña do horizonte”, se ben e certo que a miúdo se deixa a palabra orixinal cando se fala de perfís de cidades.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.