LightSail A

LightSail A

LightSail A

Créditos da imaxe: The Planetary Society.

Explicación: navegando cara a órbita baixa terrestre, o LightSail A logrou unha misión de proba estimulante, despregando a súa vela solar de 32 metros cadrados de mylar o 7 de xuño. Esta imaxe espectacular desde unha das cámaras de ollo de peixe da sonda captura a vela despregada brillando na luz solar. Afastándose e visible para os observadores terrestres antes da súa órbita final, LightSail A reentrou na atmosfera a fin de semana pasada. A súa demostración exitosa asenta as bases do camiño para a sonda espacial LightSail B, programada para o seu lanzamento en abril de 2016. Unha vez superado todo o tema da ciencia ficción, a navegación a vela ao través do espazo suxeriuse hai 400 anos polo astrónomo Johannes Kepler, que observara as colas dos cometas inchadas polo vento solar. Pero os deseños modernos de velas solares, coma a probada polo LightSail, dependen da pequena pero continua presión da propia luz solar para o seu impulso.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.