Meteoros das leónidas en Xirona

As leónidas sobre Torre de la Guaita

Meteoros das leónidas en Xirona

Créditos da imaxe e copyright: Juan Carlos Casado (TWAN).

Explicación: a chuvia de meteoros das leónidas veu nun impresionante crescendo en 1999. Observadores de Europe viron un pico nidio do número de meteoros visible ao redor das 02:10 TCU durante as primeiras horas do 18 de novembro. As contas de meteoros superaron entón os 1.000 por hora; o mínimo necesario para definir unha tormenta meteórica verdadeira. Noutrora e noutras localidades de todo o mundo, os observadores informaron con máis normalidade de taxas respectables de entre 30 e 100 meteoros por hora. Esta fotografía é unha exposición de 20 minutos que remata xusto antes de que comezara o cume principal das leónidas. Poden verse polo menos cinco meteoros das leónidas raiando no máis alto por riba da Torre de la Guaita, unha torre de observación empregada durante o século XII en Xirona (España). En 2014, durante as vindeiras noites, a chuvia de meteoros das leónidas acadará de novo o seu máximo. Este ano, aínda que a Lúa crecente non debera crear moito brillo celeste que compita, augúrase que a Terra pasará ao través dunha corrente de restos deixados polo Cometa Tempel-Tuttle máis moderada que en 1999, dando lugar quizais ata 15 meteoros por hora visibles desde localidades escuras.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.