Créditos da imaxe e copyright: J. Rhoads (Arizona State U.) et al., WIYN, AURA, NOAO, NSF

Créditos da imaxe e copyright: J. Rhoads (Arizona State U.) et al., WIYN, AURA, NOAO, NSF

A lente gravitacional da Cruz de Einstein

O efecto previsto polo pai da Relatividade fai que esta galaxia semelle ter catro núcleos

Créditos da imaxe e copyright: J. Rhoads (Arizona State U.) et al., WIYN, AURA, NOAO, NSF

Créditos da imaxe e copyright: J. Rhoads (Arizona State U.) et al., WIYN, AURA, NOAO, NSF

Explicación: a maioría das galaxias teñen un núcleo simple; ten catro esta galaxia? A estraña resposta leva aos astrónomos a concluír que o núcleo da galaxia circundante nin sequera se ve mesta imaxe. A folla de trevo central é máis ben luz emitida desde un cuásar ao fondo. O eido gravitacional da galaxia que se olla por diante racha a luz que procede do cuásar afastado en catro imaxes distintas. O cuásar debe estar aliñado axeitadamente por tras do centro dunha galaxia masiva para que un espellismo coma este sexa evidente. O efecto xeral coñécese coma lente gravitacional, e este caso específico recibe o nome de Cruz de Einstein. As estrañas imaxes das Cruces de Einstein varían en brillo relativo, salientadas ás veces polo efecto adicional de microlente gravitacional por estrelas específicas da galaxia que está por diante.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.