LDN: nebulosa escura en Cygnus

LDN: nebulosa escura en Cygnus

LDN: nebulosa escura en Cygnus

Créditos da imaxe e copyright: Bob Franke.

Explicación: a nebulosa escura LDN 988, que escurece os ricos campos estelares do setentrional Cygnus, atópase preto do centro desta paisaxe celeste cósmica. A escena, composta con telescopio e cámara, ten uns 2 graos de diámetro. Iso corresponde con 70 anos luz á distancia que se lle estima a LDN 988 de 2.000 anos luz. As estrelas están a formarse no interior de LDN 988, parte dun complexo máis grande de nubes moleculares poeirentas ao longo do plano da nosa galaxia Vía Láctea que se chama ás veces o Saco de Carbón Setentrional. De feito, as nebulosidades asociadas coas estrelas novas abundan na zona, incluíndo á estrela variable V1331 Cygni que se amosa no recadro. Na punta dun longo filamento de po e parcialmente arrodeada por unha nebulosa de reflexión curva, pénsase que V1331 é unha estrela T-Tauri, unha estrela de tipo solar aínda nas primeiras etapas de formación.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.