LDN 988 e amigos

Créditos da imaxe e copyright: Rafael Rodríguez Morales.

Créditos da imaxe e copyright: Rafael Rodríguez Morales.

Explicación: as estrelas están a formarse na nube molecular escura e poeirenta LDN 988. Ollándose preto do centro da imaxe a uns 2.000 anos luz de distancia, LDN 988 e outras nebulosas escuras achegadas foron catalogadas por Beverly T. Lynds en 1962 empregando as placas do Sky Survey do Observatorio Palomar. As exploracións en banda estreita e infravermello da nebulosa escura desvela potentes choques e fluxos de anos luz de diámetro asociados con ducias de estrelas recén nadas. Pero nesta definida imaxe telescópica en visual, os perfís irregulares de LDN 988 e amigos semellan figuras de pauciños bailando que eclipsan os ricos eidos estelares da constelación Cygnus. Dende lugares escuros a rexión pode identificarse a simple vista. Forma parte do Gran Fenda de nubes escuras ao longo do plano da galaxia Vía Láctea coñecida coma o Saco de Carbón Setentrional.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.