labarada solar

Labarada solar desde un Sol máis virulento

Explicación: a rexión solar activa AR2192 era o grupo de manchas solares rexistrado máis grande dos últimos 24 anos. Antes de rotar cara fóra da faciana que apunta á Terra desde o Sol a finais de outubro, produciu seis enormes e potentes labaradas de clase X. A máis intensa captouse o 24 de outubro nesta fantástica imaxe desde o Solar Dynamics Observatory (Observatorio de Dinámica Solar) en órbita. A escena é unha combinación en cor de imaxe feitas en tres lonxitudes de onda diferentes de luz ultravioleta extrema; 193 angstroms que se amosa en azul, 171 angstroms en branco e 304 angstroms en vermello. A emisión, procedente de átomos de ferro e helio moi ionizado, rastrexa as liñas de campo magnético xirando a través do plasma quente da parte máis externa da cromosfera e a coroa do Sol. Por debaixo, a máis fría fotosfera solar aparece escura en lonxitudes de onda ultravioleta. A imaxe composta, excepcionalmente definida, procesouse cun novo algoritmo matemático (NAFE) que adapta o ruído e brillo dos datos do ultravioleta extremo para salientar de xeito fidedigno os detalles pequenos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.