Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Institute

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Institute

Krun Macula e Sputnik Planum

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Institute

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Institute

Explicación: as chairas furadas xúntanse coas terras altas abruptas de Plutón nesta fotografía espectacular. Á esquerda atópase unha extensión sueste da rexión brillante que aínda se coñece informalmente coma Sputnik Planum. Á dereita do bordo unha rexión escura, alcumada Krun Macula, érguese uns 2,5 quilómetros por riba das chairas xeadas. Ao longo dos cúmulos conectados e fronteirizos de grandes buratos fórmanse vales fondos, duns 40 quilómetros de longo con solos sombríos. Probablemente o xeo de nitróxeno sexa responsable das chairas máis reflectivas. Pénsase que a cor vermella escura das terras altas provén de compostos complexos chamados tolinas, un produto das reaccións químicas inducidas pola luz ultravioleta co metano da atmosfera de Plutón. A imaxe en cor salientada inclúe porcións da imaxe de resolución máis alta e da segunda de maior resolución da New Horizons do sobrevoo de xullo de 2015 polo afastado mundo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.