Martes 23 Abril 2024

Imaxe artística: a superficie de TRAPPIST-1f

Créditos da ilustración: NASA, equipo JPL-Caltech, Spitzer, T. Pyle (IPAC)
Créditos da ilustración: NASA, equipo JPL-Caltech, Spitzer, T. Pyle (IPAC)

Explicación: se puideras estar na superficie do exploneta de tamaño terrestre e recén descuberto TRAPPIST-1f, que ollarías? Actualmente ningún terrestre o sabe con seguridade, pero a ilustración publicada representa unha suposición aproximada baseada en datos tirados polo Telescopio Espacial Spitzer da NASA que está a orbitar ao Sol. En 2017, o Spitzer atopou catro planetas de tamaño terrestre máis, incluíndo TRAPPIST-1f, en adición aos tres descubertos en 2015 desde terra. Desde a superficie do planeta, preto do calmo terminador entre a noite e o día, poderías ver auga, xeo e rocha sobre o chan, mentres que as nubes de auga poderían pendurar por riba. Máis alá das nubes, aparecería a pequena estrela central TRAPPIST-1 máis vermella có noso Sol, pero máis grande angularmente pola órbita achegada. Con sete planetas de tamaño terrestre coñecidos, moitos dos cales pasan uns preto doutros, o sistema TRAPPIST-1 non é só un candidato para ter vida; tamén podería ser vida “interaccionante”, aínda que unha procura preliminar non atopou transmisións evidentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón