Créditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari.

Créditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari.

IC 1848: a nebulosa Alma

Créditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari.

Créditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari.

Explicación: as estrelas están a formarse na Alma da raíña de Etiopía. Máis concretamente, unha gran rexión de formación estelar denominada a nebulosa Alma pode atoparse na dirección da constelación Cassiopeia, a quen a mitoloxía grega lle atribúe ser a vaidosa esposa dun rei que hai moito tempo reinou nas terras que arrodean o río Nilo superior. A nebulosa Alma alberga varios cúmulos abertos de estrelas, unha gran fonte de radio denominada coma W5 e enormes burbullas baleiras formadas polos ventos das estrelas novas masivas. A nebulosa Alma, situada a uns 6.500 anos luz de distancia, abarca uns 100 anos luz e normalmente fotografíase achegada ao seu veciño celeste da nebulosa Corazón (IC 1805). A imaxe publicada semella na maior parte vermella pola emisión dunha cor específica de luz emitida polo gas hidróxeno excitado.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.