Halo solar e lunar

Halo solar e lunar

Halo solar e lunar

Créditos da imaxe e copyright: Göran Strand.

Explicación: dúas imaxes captadas o 1 de abril están combinadas nesta composición creativa do día e a noite. As imaxes, afastadas no tempo por unhas 10 horas, encaixarían perfectamente e miran ao longo da costa en Östersund (Suecia). Os momentos relativos escolléronse para amosar un Sol e unha Lúa case chea no mesmo lugar do frío ceo de comezos da primavera. Na escena nocturna tamén brilla Xúpiter por riba das luces de ribeira, mentres o Sol maila Lúa están ámbolos dous arrodeados por un fermoso halo circular de xeo. Os halos de Sol e Lúa realmente alíñanse, cada un cun radio angular de 22 grao. Ese radio é unha constante que non a determina o brillo do Sol nin da Lúa, seón  a xeometría hexagonal dos cristais de xeo atmosférico e a reflexión maila refracción da luz. Mañá 4 de abril, por suposto, atoparemos ao Sol e a Lúa en lados opostos do planeta Terra para unha eclipse total lunar.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.