Glóbulo cometario CG4

Glóbulo cometario CG4

Glóbulo cometario CG4

Image Credit & Copyright: CEDIC Team – Processing: Christoph Kaltseis.

Explicación: o tenue e dalgún xeito ameazante glóbulo cometario CG4 chega ao centro desta fonda paisaxe celeste meridional. a uns 1 300 anos luz da Terra cara a contelación Puppis, a súa cabeza ten uns 1,5 anos luz de diámetro e a súa cola ten uns 8 anos luz de lonxitude. Iso é moitísimo máis longo cós cometas do Sistema Solar aos que se semella. De feito, a poeirenta nube contén material abondo para formar varias estrelas de tipo solar e probablemente haxa un proceso de formación estelar no seu interior. Aínda se debate como ocorre esta forma peculiar, pero a súa cola longa deixa un ronsel desde o remanente de supernova Vela, preto do centro da nebulosa Goma, mentres a súa cabeza podería representar a rotura dunha nube orixinalmente máis redonda. Ademais, a galaxia de canto que tamén está preto do centro da imaxe realmente non está a ser ameazada por CG4. A galaxia atópase afastada no fondo a máis de 100 millóns de anos luz de distancia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.