Créditos da imaxe e copyright : D. Lopez e A. Rosenberg, IAC

Créditos da imaxe e copyright : D. Lopez e A. Rosenberg, IAC

O grupo de galaxias M81 ao través da nebulosa de Fluxo Integrado

Esta completa barafunda de galaxias pode verse ao través do brillo dunha nebulosa de Fluxo Integrateda (IFN)

Créditos da imaxe e copyright : D. Lopez e A. Rosenberg, IAC

Créditos da imaxe e copyright : D. Lopez e A. Rosenberg, IAC

Explicación:  as galaxias afastadas e as nebulosas achegadas salientan esta fonda imaxe do grupo M81 de galaxias. A primeira e sobranceira deste mosaico de 80 exposicións é a galaxia de gran deseño espiral de M81, a galaxia máis grande da imaxe, que se ve na parte inferior dereita. M81 está a interaccionar gravitatoriamentecon M82 xusto por riba, unha galaxia grande cun estraño halo de gas filamentario de brillo vermello. Ao redor da imaxe hai outras moitas galaxias do grupo M8 que se poden ver, así coma moitas estrelas da Vía Láctea no primeiro plano. Esta completa barafunda de galaxias pode verse ao través do brillo dunha nebulosa de Fluxo Integrateda (IFN), unha pantalla enorme e complexa e gas e po difusos que tamén está na nosa galaxia Vía Láctea. Os detalles vermellos e amarelos da IFN, salientados dixitalmente, foron fotografados por unha cámara de campo amplo instalada recentemente no observatorio do Teide nas illas Canarias de España.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.