Venres 29 Marzo 2024

Galaxias en Pegasus

Créditos da imaxe e copyright: Péter Feltóti
Créditos da imaxe e copyright: Péter Feltóti

Explicación: esta definida instantánea telescópica desvela galaxias espalladas máis alá das estrelas da Vía Láctea no límite setentrional da constelación de altos voos de Pegasus. Destaca na parte superior dereita NGC 7331. A só 50 millóns de anos luz de distancia, a gran espiral é unha das galaxias máis brillantes non incluídas no famoso catálogo do século XVIII de Charles Messier. O grupo galáctico de aparencia perturbada da parte inferior esquerda é o famoso quinteto de Stephan. A uns 300 millóns de anos luz de distancia, o quinteto ilustra dun xeito espectacular unha colisión galáctica múltiple. As súas poderosas interaccións , aínda en curso, posan para unha instantátes cósmica breve. No ceo, o quinteto e NGC 7331 están afastados por medio grao, aproximadamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites