Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA

Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA

Galaxias en fusión dende o Hubble

A fusión galáctica NGC 2623 indica que dúas galaxias orixinalmente espirais unificaron os seus núcleos

Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA

Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA

Explicación: onde se forman as estrelas cando as galaxias colisionan? Para axudar a averigualo os astrónomos fotografaron a achegada fusión galáctica NGC 2623 en alta resolución co Telescopio Espacial Hubble. A análise desta e outras imaxes do Hubble así como as imaxes de NGC 2623 en luz infravermella polo Telescopio Espacial Spitzer, en luz de raios X polo XMM-Newton e en luz ultravioleta por GALEX, indican que dúas galaxias orixinalmente espirais semellan agora estar a evolucionar moito e que os seus núcleos se unificaron nun núcleo galáctico activo (AGN). A formación estelar continúa ao redor deste núcleo preto do centro da imaxe publicada, ao longo das colas de marea estarricadas e visibles a cada lado e quizais, de xeito abraiante, nunha rexión fóra do núcleo na parte superior esquerda onde aparecen cúmulos de estrelas azuis brillantes. As colisións de galaxias poden levar centos de millóns de anos e contar con varios pasos gravitacionalmente destrutivos. NGC 2623, coñecido tamén coma Arp 243, abarca uns 50.000 anos luz e está a uns 250 millóns de anos luz de distancia cara a constelación do Cangrexo (Cáncer). A reconstrución das galaxias orixinais e como acontecen as fusións de galaxias é a miúdo desafiante, ás veces imposible, pero xeralmente importantes para comprender como evolucionou o noso universo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.