Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, NASA, ESA; Procesado e copyright: Jose Jimenez Priego.

Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, NASA, ESA; Procesado e copyright: Jose Jimenez Priego.

Galaxias colisionando no Quinteto de Stephan

Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, NASA, ESA; Procesado e copyright: Jose Jimenez Priego.

Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, NASA, ESA; Procesado e copyright: Jose Jimenez Priego.

Explicación: sobrevivirá algunha destas galaxias? No que podería alcumarse coma unha rolda de semifinais no torneo de eliminación galáctica, as dúas espirais de NGC 7318 están a colisionar. A imaxe publicada foi creada a partires de fotografías tomadas polo Telescopio Espacial Hubble. Cando as galaxias chocan unha coa outra poden acontecer moitas cousas que inclúen a distorsión gravitacional, o gas condensado que produce novos episodios de formación estelar e, ao final, as dúas galaxias combinándose nunha. Coma estas dúas galaxias son parte do Quinteto de Stephan, posiblemente ocorrerá unha rolda final de galaxias batallando durante os vindeiros milleiros de millóns de anos co resultado probable de moitas estrelas esparexidas e unha galaxia grande. É bastante posible que a galaxia que fique non se poida identificar de xeito sinxelo a partires da súas compoñentes galácticas iniciais. O Quinteto de Stephan foi o primeiro grupo galáctico identificado, estando a uns 300 millóns de anos luz de distancia e pode ollarse cun telescopio de tamaño moderado cara a constelación do Cabalo Alado (Pegasus).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.