Venres 29 Marzo 2024

Galaxia polar anel NGC 660

Galaxia polar anel NGC 660
Créditos da imaxe: GObservatorio Gemini, AURA, Travis Rector (Univ. Alaska Anchorage).

Explicación: nesta instantánea cósmica móstrase a NGC 660, unha fina composición creada a partires de datos obtidos con filtros de banda ancha e estreita do telescopio Gemini North en Mauna Kea. A uns 20 millóns de anos luz de distancia e nadando dentro dos límites da constelación Pisces, a aparencia peculiar de NGC 660 sinálaa coma unha galaxia polar de anel. Estas galaxias son unha clase galáctica estraña, cunha poboación substancial de estrelas, gas e po que orbitan en aneis case perpendiculares ao plano do disco galáctico. O estraño aspecto da configuración podería ter sido provocada pola casual captura de material dunha galaxia que atravesou un disco galáctico, onde os refugallos capturados ben poderían verse obrigados a aliñarse nun anel en rotación. A violenta interacción gravitatoria daría conta da miríada de rexións rosadas de formación estelar ao longo do anel de NGC 660. A compoñente do anel polar tamén se pode empregar para explorar a forma da, doutro xeito invisible, halo de materia escura da galaxia, calculando a influencia gravitatoria da materia escura na rotación do anel mailo disco. O anel de NGC 660, máis amplo que o disco, esténdense por máis de 50.000 años luz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente