Sábado 20 Abril 2024

Galaxia espiral barrada dende o Hubble

NGC1672_HubbleCooper_1080

Explicación: moitas galaxias espirais teñen barras que as atravesan polo seu centro. Cóidase incluso que a nosa propia galaxia Vía Láctea ten unha modesta barra central. A galaxia espiral NGC 1672, moi barrada e que se amosa aquí, captouse espectacularmente polo miúdo nunha imaxe tirada polo Telescopio Espacial Hubble en órbita. Poden ollarse os filamentarios corredores escuros de po, is cúmulos mozos de estrelas azuis e brillantes, as nebulosas de emisión vermella de gas hidróxeno brillante, unha barra longa e brillante de estrelas atravesando o centro e un activo núcleo brillante que posiblemente alberga un burato negro supermasivo. Á luz lévalle uns 60 millóns de anos chegar a nós desde NGC 1672, que abarca uns 75.000 anos luz de diámetro. NGC 1672, que aparece na constelación de Dorado, está a ser estudada para averiguar como unha barra espiral contribúe á formación de estrelas nas rexións centrais dunha galaxia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón