Xoves 18 Abril 2024

A galaxia Alfinete, de canto

Créditos da imaxe e copyright: Lóránd Fényes
Créditos da imaxe e copyright: Lóránd Fényes

Explicación: é a nosa galaxia tan delgada? Así o cremos. A magnífica galaxia espiral NGC 4565 vese de canto desde o planeta Terra. Tamén coñecida coma a galaxia Alfinete polo seu perfil aguzado, a brillante NGC 4565 é unha parada de moitos paseos telescópicos do ceo setentrional, na feble pero ben enfeitada constelación Coma Berenices. Esta imaxe definida e chea de cor desvela o vulto do núcleo central da galaxia cortado por corredores de po escuro que amalloan o fino plano galáctico de NGC 4565. Unha escolma doutras galaxias no fondo están incluídas no fermoso campo de vista, coa veciña galaxia NGC 4562 na parte superior esquerda. A propia NGC 4565 atópase a uns 40 millóns de anos luz de distancia e abarca uns 100 000 anos luz. Doada de descubrir con telescopios pequenos, os entusiastas do ceo opinan que NGC 4565 é unha peza celeste mestra e destacada que se perdeu Messier.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang