Xoves 28 Marzo 2024

Fobos, a lúa condenada de Marte

Créditos da imaxe: HiRISE, MRO, LPL (U. Arizona), NASA
Créditos da imaxe: HiRISE, MRO, LPL (U. Arizona), NASA

Explicación: esta lúa está condenada. Marte, o planeta vermello que recibe o seu nome do deus romano da guerra, ten dúas pequenas lúas, Fobos e Deimos, uns nomes que derivan dos termos gregos para o Medo mailo Pánico. Estas lúas marcianas ben poderían seren asteroides capturados con orixe no cinto principal de asteroides entre Marte e Xúpiter ou quizais dalgún lugar aínda máis afastado do Sistema Solar. A lúa máis grande, Fobos, óllase de certo que é un obxecto asteroidal cheo de cráteres nesta espectacular imaxe en cor da automática Mars Reconnaissance Orbiter (Orbitador de Recoñecemento de Marte), rexistrada a unha resolución duns sete metros por píxel. Pero Fobos orbita tan preto de Marte, a uns 5.800 quilómetros por riba da superficie en comparación cos 400.000 quilómetros da nosa Lúa, que as forzas de marea gravitatoria están a turrar dela cara abaixo. Unha análise recente das longas cicatrices sinala que poden ser o resultado dun estiramento global provocado polas mareas; a forza diferencial que fai a gravidade de Marte nos lados diferentes de Fobos. Estas cicatrices poden ser entón unha fase temperá da desintegración de Fobos nun anel de refugallos ao redor de Marte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Un equipo de Vigo busca solucións para colonizar a Lúa

Xunto con investigadores de Oviedo, realizaron ensaios nas covas volcánicas de Lanzarote pola sús analoxía coas cavidades lunares