Créditos da imaxe: NASA, JPL, U. Arizona.

Créditos da imaxe: NASA, JPL, U. Arizona.

Fluxos de agua salgada en Marte

Créditos da imaxe: NASA, JPL, U. Arizona.

Créditos da imaxe: NASA, JPL, U. Arizona.

Explicación: que crea estas manchas cambiantes de Marte? Denominadas Liñas Recorrentes en Pendente (Recurring Slope Linea ou RSL), estas características escuras comezan nas abas de outeiros e cráteres pero normalmente non se estenden ata o fondo. O que aínda é máis estraño é que estas manchas semellan cambiar coa estación, aparecendo frescas e medrando durante o tempo cálido e desaparecendo durante o inverno. Despois de moito estudo, incluíndo unha análise química recente, unha hipótese destacada afirma que estas manchas probablemente son creadas por aparicións novas de auga salgada líquida que se evapora cando flúe. A fonte da auga salgada aínda non está clara, con dúas posibilidades que son a condensación da atmosfera marciana e as reservas soterradas. Unha conclusión emocionante é que estes fluxos salgados podan ser quen de manter vida microbiana en Marte incluso hoxe. A imaxe publicada dun outeiro no interior do cráter Horowitz foi investigada por instrumentos a bordo da sonda automática Mars Reconnaissance Orbiter que comezou a enviar datos desde Marte en 2006.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.