Venres 19 Abril 2024

Festa de novas estrelas na galaxia NGC 3310

Créditos da imaxe e copyright: AAO ITSO Office, Gemini Obs./AURA e T. A. Rector (U. Alaska Anchorage)
Créditos da imaxe e copyright: AAO ITSO Office, Gemini Obs./AURA e T. A. Rector (U. Alaska Anchorage)

Explicación: aínda hai festa na galaxia espiral NGC 3310. Haberá uns 100 millóns de anos, NGC 3310 probablemente colisionou cunha galaxia máis pequena facendo que a gran galaxia espiral se acendera cun tremendo estoupido de formación estelar. Os cambios gravitatorios durante a colisión crearon ondas de densidade que comprimiron as nubes existentes de gas e desencadearon a festa de formación estelar. A imaxe publicada desde o Telescopio Gemini Norte amosa a galaxia moi polo miúdo con cores codificadas, de xeito que o rosa salienta o gas mentres que o azul salienta as estrelas. Algúns dos cúmulos estelares da galaxia son bastante novos, indicando que as galaxias de estoupido estelar poden ficar nese modo de estoupido de estrelas durante bastante tempo. NGC 3310 abarca uns 50.000 anos luz, estando a uns 50 millóns de anos luz de distancia, resultando visible cun telescopio pequeno cara a constelación da Osa Maior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang