Xoves 28 Marzo 2024

Fervenzas de area en Marte

Créditos da imaxe: HiRISE, MRO, LPL (U. Arizona), NASA.
Créditos da imaxe: HiRISE, MRO, LPL (U. Arizona), NASA.

Explicación: podería semellar que hai árbores en Marte, pero non o son. Fotografáronse grupos de raias marrón escuro pola Mars Reconnaissance Orbiter (Orbitador de Recoñecemento de Marte) en dunas rosadas de area fundente cubertas de xeada clara. A imaxe superior foi tirada en abril de 2008 preto do Polo Norte de Marte. Nese intre, a area escura do interior das dunas marcianas de area se fixeron máis e máis visibles mentres o Sol primaveral fundía o xeo de dióxido de carbono, máis claro. Cando ocorren preto do cumio dunha duna, a area escura pode formar unha fervenza duna abaixo deixando raias escuras na superficie; as raias que poden parecer nun primeiro momento árbores fican por diante das zonas máis claras, pero non proxectan sombras. Nesta fotografía que abarca máis ou menos un quilómetro resólvense obxectos de máis ou menos 25 centímetros de diámetro. Os primeiros planos dalgunhas partes desta imaxe amosan penachos ondulados que indican que os desprendementos de area estaban a ocorrer incluso mentres se tiraba a imaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón