Xoves 25 Abril 2024

As fases da Lúa

Créditos da imaxe e copyright: Jean-Francois Gout, Tom Polakis
Créditos da imaxe e copyright: Jean-Francois Gout, Tom Polakis

Explicación: olla á Lúa cada noite e a súa parte alumeada pola luz solar varía gradualmente. En fases que avanzan desde a Lúa nova deica a Lúa chea e de volta á Lúa nova, un ciclo lunar ou luada complétase nuns 29,5 días. Desde a parte superior esquerda ata o fondo á dereita, estes recadros amosan un rango de fases lunares para 25 noites consecutivas que comezan o 18 de xaneiro, seguíndose cunha luada case completa. Hai un salto de 2 días xusto antes e despois da Lúa nova, cando a fase lunar non é máis que un estreito crecente, preto do Sol e realmente difícil de ver. Naturalmente, os ceos nocturnos case sempre claros de Arizona e un pouco de axuda dun amigo foron necesarios para completar este proxecto de ciclo lunar, fotografando a primeira hora da noite para a primeira metade e a última hora da noite e na madrugada para a segunda parte da luada. Como punto extra, o ciclo centrouse na Lúa chea do 31 de xaneito. Esa foi a segunda Lúa chea de xaneiro, cando a Lúa estaba preto do perixeo da órbita lunar e adquiriu cores avermelladas durante unha eclipse total lunar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada