Venres 19 Abril 2024

O fantasma dun avión

Créditos da imaxe e copyright: Shane Larson (Adler Planetarium, CIERA-Northwestern)
Créditos da imaxe e copyright: Shane Larson (Adler Planetarium, CIERA-Northwestern)

Explicación: olla ao exterior pola xanela dun avión, poida que sexas abondo afortunado para ollar “a gloria” na dirección oposta directamente ao Sol. Antes dos avións, o fenómeno, coñecido por algúns coma o heiligenschein ou o espectro de Brocken, ollábase ás veces nos cumios das montañas. Alí, cando as condicións eran as correctas, un poderia ollar ao revés do Sol e mirar o que semellaba ser a sombra dun xigante arrodeada por un halo brillante. O xigante viña a ser o observador, que como a silueta dun avión na versión moderna, a miúdo ocupa o centro da gloria. Esta gloria brillante foi fotografada hai dúas semanas sobre Michigan desde un avión achegándose ao aeroporto internacional O’Hare. A explicación da gloria aínda se está a investigar e resulta relativamente complexa. Seguramente, as pingas pequenas de auga dalgún xeito reflicten, refractan e difractan a luz solar cara atrás desde o Sol. O fenómeno ten o equivalente semellante noutras pólas da ciencia incluíndo a astronomía, onde ao ollar ao exterior desde a Terra na dirección oposta ao Sol podemos ver unha mancha brillante chamada o gegenschein.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón