Créditos da imaxe e copyright: Derek Demeter (Emil Buehler Planetarium)

Créditos da imaxe e copyright: Derek Demeter (Emil Buehler Planetarium)

Falcon 9 e a Vía Láctea

Créditos da imaxe e copyright: Derek Demeter (Emil Buehler Planetarium)

Créditos da imaxe e copyright: Derek Demeter (Emil Buehler Planetarium)

Explicación: o 6 de maio, despois da medianoite o lanzamento dun foguete Falcon 9SpaceX alumeou os ceos escuros sobre a illa Merritt (planeta Terra). A súa segunda etapa enviada á órbita terrestre, o arco do foquete semella estar en rumbo ao centro da Vía Láctea nunha estética imaxe composta que mira cara o surleste. Fixéronse dúas fotografías consecutivas cunha cámara fixada nun trípode que se combinaron para seguir ao foguete e a galaxia fogar. Unha exposición longa de 3 minutos en sensibilidade alta captou as estrelas e a tenue Vía Láctea. O brillante e alaranxado Marte domina o ceo estrelecido na parte superior dereita. Uns poucos minutos máis tarde, os foguetes aceleradores foron reiniciados e a primeira etapa do Falcon 9 dirixouse cara unha aterraxe no barco autónomo coa plataforma espacial Of Course I Still Love You (N.T.: “Por suposto que te sigo amando”), que agardaba pacientemente no Atlántico a 650 quilómetros ao leste do lugar de lanzamento de Cabo Canaveral.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.