Venres 19 Abril 2024

Fábrica estelar Messier 17

Créditos da imaxe e copyright: Datos – ESO / MPIA / OAC, Ensamblaxe – R.Colombari
Créditos da imaxe e copyright: Datos – ESO / MPIA / OAC, Ensamblaxe – R.Colombari.

Explicación: esculpida polos ventos e a radiación estelares, a fábrica de estrelas coñecida coma Messier 17 atópase a uns 5.500 anos luz de distancia na constelación rica en nebulosas de Sagittarius. A esa distancia, este campo de vista dun terzo de grao de ancho abarca uns 30 anos luz. A definida imaxe composta en cor salienta detalles tenues das nubes de po e gas da rexión contra un telón de estrelas da Vía Láctea central. Os ventos estelares e a luz potente, procedentes das estrelas quentes e masivas formadas a partires do almacén de M17 de po e gas cósmico, escavaron paseniñamente o material interestelar sobro producindo a aparencia cavernosa e as formas onduladas. A M17 tamén se lle coñece coma a nebulosa Omega ou a nebulosa do Cisne.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón