Mércores 24 Abril 2024

Unha colosal colisión de galaxias

Créditos da imaxe e copyright: Datos; Subaru, NAOJ, NASA/ESA/Hubble – Ensamblaxe e procesado; Roberto Colombari
Créditos da imaxe e copyright: Datos; Subaru, NAOJ, NASA/ESA/Hubble – Ensamblaxe e procesado; Roberto Colombari

Explicación: a uns 60 millóns de anos luz de distancia na meridional constelación de Corvus están a colisionar dúas grandes galaxias. As estrelas das dúas galaxias, catalogadas coma NGC 4038 e NGC 4039, raramente colisionan no curso do esgotador cataclismo que dura centos de millóns de anos. Pero as grandes nubes de gas molecular e po das galaxias si que o fan a miúdo, desencadeando episodios furiosos de formación estelar preto do centro dos refugallos cósmicos. Esta impresionante vista, que abarca uns 500 milleiros de anos luz, desvela tamén cúmulos estelares novos e materia expulsados lonxe da escena do accidente polas forzas de marea gravitacional. A destacada imaxe mosaico foi construída empregando datos de telescopio terrestre Subaru para salientar as febles correntes de marea a gran escala, máis datos do telescopio espacial Hubble cun enorme detalle nos brillantes núcleos. A suxerente aparencia visual das amplas estruturas arqueadas dálle á parella galáctica o seu nome popular: as Antenas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang